FACUA compara as tarifas móbiles con chamadas ilimitadas de 19 compañías

As ofertas van desde os 10 euros con 3Gb de Digi, LlamaYa e República Móbil ata os 69 euros con 100Gb de Euskaltel.
Por o 12/03/2019 | Sección: FACUA,Social,Telefonía
FACUA compara as tarifas móbiles con chamadas ilimitadas de 19 compañías

FACUA-Consumidores en Acción realizou na segunda semana de marzo un estudo comparativo sobre as 52 tarifas móbiles con chamadas nacionais ilimitadas de 19 compañías.

As ofertas van desde os 10 euros con 3 Gb de datos de Digi, LlamaYa e República Móbil ata os 69 euros con 100 Gb de Euskaltel.

Unha das tarifas con chamadas ilimitadas máis estendidas nos últimos tempos é a que ofrece 20 Gb, que algunhas compañías ampliaron ata 23 Gb para competir neste mercado. Neste caso, as ofertas con prezos máis baixos son os 19,90 euros de Pepephone (23 Gb), os 19,95 euros de Lowi (23 Gb) e os 20 euros de República Móbil (23 Gb), que destacan sobre outras con cotas mensuais similares por ofrecer máis Gb. Pola súa banda, a tarifa máis cara é a de Movistar (20 Gb), que supón 45 euros mensuais.

O estudo de FACUA realizouse sobre a base das condicións finais de cada unha das ofertas, sen ter en conta as promocións polas que en determinados casos os primeiros meses aplican unha cota mensual máis baixa ou un maior número de Gb.

Factores a ter en conta

A asociación lembra que ao elixir unha tarifa de móbil con chamadas ilimitadas non só hai que ter en conta o número de Gb que inclúa e o prezo fixo mensual, senón a calidade da rede do operador e do seu servizo de atención ao cliente. En relación á rede, é importante revisar baixo que cobertura -Movistar, Vodafone, Orange ou Yoigo- ofrecen os seus servizos os operadores móbiles virtuais.
 
Tamén é importe valorar, sinala FACUA, o prezo que cobrará a compañía por cada Gb adicional consumido polos usuarios e se estes factúranse por defecto cando se supera o límite establecido na tarifa ou se corta o servizo ata que o cliente solicite expresamente unha ampliación dos datos contratados para ese período de facturación.
 
FACUA advirte aos usuarios de que as tarifas de móbil poden incluír chamadas nacionais ilimitadas, bonos de minutos, un prezo fixo por cada chamada ou un prezos polo inicio de cada comunicación máis unha tarifa por cada segundo de conversación. Para optar por unha outra modalidade hai que revisar o consumo habitual de servizos de voz e comparar as ofertas de distintas compañías nas distintas modalidades tartifarias tendo en conta asimiso o número de Gb que inclúan as tarifas.
 
Estas son as tarifas ilimitadas ofertadas polas 19 compañías comparadas por FACUA.

Amena
3Gb 14,95€
20Gb 19,95€
25Gb 24,95€

Digi
20Gb 20€
6Gb 15€
3Gb 10€

Euskaltel
100Gb 69€
50Gb 39€
20Gb 29€

Ion Mobile
20Gb 22,75€
10Gb 19,75€
3Gb 11,75€

Jazztel
8Gb 26,95€
4Gb 22,95€

LlamaYa
20Gb 25€
12Gb 20€
7Gb 15€
3Gb 10€

Lowi
23Gb 19,95€
12Gb 17,95€
3Gb 11,95€

MásMóvil
20Gb 29,90€
6Gb 23,90€
3Gb 19,90€

Movistar
20Gb 45€
5Gb 30€

O2
20Gb 20€

Orange
40Gb 47,95€
20Gb 35,95€
10Gb 29,95€
2,5Gb 25,95€

Pepephone
23Gb 19,90€

Republica Móvil
23Gb 20€
3Gb 10€

Simyo
35Gb 29€
28Gb 24€
22Gb 20€
12Gb 18€
6Gb 16€
3Gb 12€

Suop
20Gb 19,99€
10Gb 14,99€

Telecable
21Gb 30€
13Gb 24€
6Gb 19€

Tuenti
1,5Gb 16€

Vodafone
6Gb 24€
12Gb 31€
25Gb 25€ (Bit)
25Gb 41€ (Red)

Yoigo
30Gb 32€
8Gb 27€

Comentar noticia

Your email address will not be published.