FACUA pide a Sanidade que decrete a alerta sanitaria a nivel nacional pola carne mechada con Listeria

En aplicación do artigo 26 da Lei de Seguridade Alimentaria. O vicepresidente de FACUA, Rubén Sánchez, dirixiu este luns un escrito á ministra en funcións, Luisa Carcedo.

FACUA-Consumidores en Acción solicitou ao Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social que decrete a alerta sanitaria a nivel nacional pola carne mechada con Listeria da marca A Mechá.

O vicepresidente de FACUA, Rubén Sánchez, dirixiu este luns un escrito á ministra en funcións, Luisa Carcedo, no que lle pide que decrete a alerta en aplicación do artigo 26 da Lei de Seguridade Alimentaria, xa que aínda que ata a data só se ten constancia da venda do produto en Andalucía, as vítimas poden residir en distintas comunidades autónomas e inxerilo en establecementos de hostalería andaluces durante as súas visitas a esta Comunidade nos últimos meses.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM