Que fago se atopo un animal ferido ou aparentemente indefenso?

Publicado por o día 18/10/2017 na sección de Medio Ambiente

Que fago se atopo un animal ferido ou aparentemente indefenso?

Esta semana empezámola mal, en Vigo o lume rodéonos, foron horas interminables e de moito medo e incerteza. O motivo polo cal é leste artigo é por se vos atopades con algún animal que sufrise as inclemencias do lume e como actuar.

Un animal silvestre ferido, enfermo necesita da atención e dos coidados que se lle poden proporcionar nos Centros de Recuperación de Fauna Silvestre para poder ser reintroducido de novo no medio natural.

No caso de atopar un animal neste estado o primeiro que deberás comprobar é que se trata dun animal silvestre e que realmente necesita axuda pero nunca acercarse a el. Pode e seguramente sentirase ameazado, podendo revolverse e ferirnos.

Que son os Centros de Recuperación de Fauna Silvestre? 

Os Centros de Recuperación de Fauna Silvestre de Galicia son instalacións habilitadas pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, de conformidade co establecido no artigo 58º da Lei 9/2001 de conservación da natureza, para rehabilitar os animais salvaxes que son atopados en calquera lugar da xeografía galega enfermos, feridos, ou en necesidade de coidados especiais.

Onde están os Centros de Recuperación de Fauna Silvestre de Galicia?

Na Comunidade Autónoma de Galicia existen catro Centros de Recuperación de Fauna Silvestre (CRFS), un en cada provincia. Cada un deles se encarga da rehabilitación de toda a fauna silvestre enferma ou ferida recollida na súa provincia. As direccións e teléfonos de contacto destes centros son os seguintes:

CRFS de Santa Cruz de Oleiros (A Coruña)
Lugar: Santa Cruz de Liáns
Concello: Oleiros
Provincia: A Coruña
Teléfonos de contacto: 881 960406 / 690 634708 / 686 252554

CRFS de O Veral (Lugo)
Lugar: Estrada de Friol s/n
Concello: Lugo
Provincia: Lugo
Teléfonos de contacto: 982 207705 / 649 668922 / 649 668923

CRFS Alto de O Rodicio (Ourense)
Lugar: Alto do Rodicio
Concello: Maceda
Provincia: Ourense
Teléfonos de contacto: 628 358652

CRFS de Cotorredondo (Pontevedra)
Lugar: Lago de Castiñeiras s/n
Concello: Vilaboa
Provincia: Pontevedra
Teléfonos de contacto: 986 680390 / 606 656017