Fará 58 anos dunha das pioneiras fabricas automatizadas, Pontesa, a súa historia

Publicado por o día 13/08/2019 na sección de Galicia

Fará 58 anos dunha das pioneiras fabricas automatizadas, Pontesa, a súa historia

O mes que ven, o 14 de septembro de 1961 inaugurábase a fábrica Alfares de Ponte Sampaio (Pontesa), inaugurada por Franco en 1961, en Arcade, para a elaboración de louza. Foi unha das fábricas máis modernas do momento. Estaba completamente electrificada e foi das primeiras en incorporar a automatización ao proceso industrial.

A partir de 1962 comeza a época de maior bonanza empresarial de GEA. As fábricas de Vigo e Pontesa traballan a pleno rendemento. A empresa tiña unha facturación de 5.000 millóns das antigas pesetas e unha plantilla de máis de 5.000 empregados.

Sen embargo, a principios da década dos 70 sofre unha crise motivada pola crise do réxime franquista e a crise do petróleo que afectou á economía mundial. A competencia doutras empresas do sector e a baixada dos pedidos fan que a empresa fora perdendo competitividade e cota de mercado. A empresa decide acometer un axuste dos gastos.

No 2001 prodúcese o peche definitivo de GEA entre loitas internas dos seus traballadores e con moitos deles sen cobrar as súas indemnizacións e ata o día de hoxe teño coñecemento que aínda hai xente sen cobrar.

O 19 maio de 2017 “Rexeitada a desafección dos terreos da fábrica de Pontesa”

A empresa propietaria da nave de Pontesa (a antiga fábrica de Alfares de Ponte Sampaio), solicitou á Dirección Xeral de Costas do Estado a desafección dos terreos de dominio público marítimo terrestre nos que estás situadas as vellas instalacións e que pertencen ao Ministerio de Medio Ambiente. Efectúa esta petición porque en 2018 finaliza a autorización para ocupar esta zona, que linda coa enseada de San Simón.

O Concello recibiu o expediente que lle remitiu o departamento estatal que dirixe a ministra Isabel García Tejerina para que lle traslade a súa parecer. “O informe do Concello será contrario a esa desafectación”, anunciou o concelleiro de Infraestruturas e Ordenación do Territorio, César Mosquera.

“O propósito é tratar de evitar a consolidación do aproveitamento fabril desa lingua de terreo (máis de 29.000 metros cadrados)”, argumentou o edil, polo que reiterou que se finalmente Costas accede á desafectación desa superficie porque considera que é irrecuperable, a Administración local solicitará “que a propiedade pase a mans municipais”.

Fotografías