Falece en Baleira ao envorcar o vehículo no que viaxaba despois de saírse da vía

Publicado por o día 17/10/2018 na sección de Sucesos

Falece en Baleira ao envorcar o vehículo no que viaxaba despois de saírse da vía

Unha persoa faleceu despois de envorcar o vehículo no que viaxaba no concello lucense de Baleira.

O accidente ocorreu cando o turismo que circulaba á entrada do Polígono, pasados uns minutos das 02:00 horas desta madrugada, se saíu da vía e envorcou contra un valado. Ademais, outro ocupante do turismo tamén resultou ferido, segundo indicaron os servizos sanitarios ao 112 Galicia.

Nada mais ter coñecemento das dúas persoas no interior do vehículo, os xestores do 112 alertaron aos Bombeiros de Sarria, que decontado se desprazaron  ata o punto. Tamén, os axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil da localidade foron informados dos feitos.

Unha vez no lugar, os Bombeiros comunicaron ao 112 que foi preciso que os servizos sanitarios rompesen  a cristaleira dianteira do vehículo para evacuar á persoa falecida.

Comentar noticia

Your email address will not be published.