Falece en Xove un traballador tras recibir un golpe nun ollo

Publicado por o día 15/07/2020 na sección de Sucesos

Falece en Xove un traballador tras recibir un golpe nun ollo

Un traballador perdeu a vida en Xove despois de recibir un golpe nun ollo.

Sucedeu pasadas as oito da tarde de onte nunha nave industrial situada no Polígono de Camba, tal e como indicaron os compañeiros do falecido a través da súa chamada ao 112 Galicia.

Segundo explicaron, a vítima recibiu o impacto dun ferro á altura do ollo e nada puideron facer por salvarlle a vida. De feito, os axentes da Garda Civil que acudiron ao lugar do accidente alertados polo persoal do 112 Galicia afirmaron que a persoa faleceu antes de ser trasladada polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Comentar noticia

Your email address will not be published.