Un home de avanzada idade faleceu este mediodía na Estrada ao quedar atrapado debaixo do tractor que conducía. Segundos os datos facilitados ao 112 Galicia, o corpo do varón tivo que ser excarcerado polos Bombeiros do Deza.
Os feitos tiveron lugar na parroquia de Oca, na leira dunha casa situada á altura do número 40.
Un particular contactaba co 112 Galicia ás 12:45 horas para dar conta do ocorrido.
Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Deza, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Estrada e á Garda Civil.
Noticias de última hora en Vigo