Falece o condutor dun tractor tras envorcar nunha finca da Pontenova

Por o 01/11/2018 | Sección: Sucesos
Falece o condutor dun tractor tras envorcar nunha finca da Pontenova

Unha persoa morreu esta mañá na Pontenova tras sufrir un accidente co tractor que manexaba.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 11 horas de hoxe no lugar de Aldeguer, onde a vítima traballaba co seu tractor, que unha vez cargado, envorcou. Isto provocou que a persoa quedara atrapada debaixo do vehículo, polo que tiveron que intervir os equipos de excarceración.

Así, ao lugar acudiu unha dotación do GES da Pontenova e dos Bombeiros de Barreiros para liberar á vítima, ademais dos servizos sanitarios de urxencia que pouco despois confirmaron o falecemento do condutor.

Comentar noticia

Your email address will not be published.