Falece o condutor dunha moto nun accidente na Gran Vía

Publicado por o día 12/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Falece o condutor dunha moto nun accidente na Gran Vía

Ao fío das 01:30 horas unha chamada á Sala do 092, alertaba dun accidente de tráfico ocorrido á altura do número 36 da Gran Vía. Cando a unidade de Atestados chega ao lugar pode saber que o único implicado é un motorista de 40 anos, veciño desta cidade, quen circulaba en sentido ascendente. Minutos despois, o 061 confirma o falecemento do piloto no mesmo lugar do suceso, mentres a muller que viaxaba como pasaxeira era trasladada ao centro médico Povisa.
 
Cando unha chamada á 092 alerta dun sinistro ocorrido no número 36 da Gran Vía, varias patrullas diríxense ao lugar ao obxecto de asegurar a zona e ofrecer a asistencia que sexa necesaria. Posteriormente, requírese a presenza dunha ambulancia medicalizada xa que a reanimación inicial que efectúan os axentes sobre un home que se atopa tendido sobre a calzada, en posición
 
decúbito prono, resulta infrutuosa. Minutos despois, os médicos do 061 que chegan ao lugar certifican o falecemento da vítima, un home de 40 anos de idade e veciño da cidade.
 
Aínda que, aínda se están realizando as investigacións que determinen as causas do sinistro, a Unidade de Atestados analiza o escenario do suceso onde, inicialmente, o condutor da motocicleta choca contra unha dos valos de plástico onde se acouta a zona de obras que alí se executan, perdendo o control da mesma e remontando a beirarrúa para acabar encaixándose contra un contedor de resíduos sólidos urbanos, nese momento completamente cheo. Igualmente, os axentes de Atestados non localizaron ningún elemento estraño de calquera natureza ou deficiencia, así como outros danos na vía que houbesen contribuído ao sinistro, descartando a participación ou implicación de terceiros, sen prexuízo do que se obteña como resultado das investigacións para realizar.
 
Informado o Xulgado de Instrución nº4, en funcións de garda, leva a cabo o levantamento do cádaver sendo trasladado ao hospital Nicolás Pena polos servizos funerarios de Vigomemorial.
 
En canto á pasaxeira da motocicleta, ingresada en Povisa, se trata dunha muller de 36 anos e veciña da localidade pontevedresa de Nigrán, descoñecendo no momento da redacción do presente, o grao das lesións sufridas.