Falece tras tirarse á auga para salvar a unha muller en apertos

Un galego faleceu este luns pola tarde despois de que tentase sacar da auga a unha moza en apertos, segundo informou o Centro Coordinador de Emerxencias 112 do Gobierno de Canarias.
Publicado por o día 17/04/2019 na sección de Sucesos

Falece tras tirarse á auga para salvar a unha muller en apertos

Un galego faleceu este luns pola tarde despois de que tentase sacar da auga a unha moza en apertos, segundo informou o Centro Coordinador de Emerxencias 112 do Gobierno de Canarias.

O pescador galego lanzouse ao mar na praia de La Oliva para salvar a unha muller que se afogaba e tragáronllo as ondas. O suceso ocorreu sobre as cinco da tarde na praia de Tebeto, en Tindaya, no municipio de La Oliva. Unha moza non podía saír da auga debido ás fortes correntes. Ao tratarse dunha recóndita praia, a chegada dos equipos de rescates, que xa foran avisados, ía dilatar irremediablemente.
 
Foi entón cando un das testemuñas optou por lanzarse á auga para tentar rescatar á bañista. Desafortunadamente o improvisado rescatador non puido vencer a corrente, sendo rescatado por un helicóptero do GES en parada cardiorrespiratoria. Falecería no hospital.
 
Segundo informou a Policía Local, a muller que trataba rescatar puido saír finalmente da auga polos seus propios medios. A moza logrou agarrarse a un buggi e salvou a súa vida.