Falece un bañista arrastrado pola corrente nunha praia de Covas, Ferrol

Publicado por o día 02/08/2020 na sección de Ferrol,Galicia,Sucesos

Falece un bañista arrastrado pola corrente nunha praia de Covas, Ferrol

En realidade, eran dous os bañistas en apuros, pero, afortunadamente, un deles conseguiu saír polos seus propios medios da auga. Sen embargo, o compañeiro, aínda que foi auxiliado polos socorristas do areal e, pese aos intentos de tratar reanimalo unha vez foi rescatado da auga, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

Eran as 17:15 horas cando un particular informou ao 112 Galicia dunha persoa en apuros na auga, na praia de Ponzos, en Covas, Ferrol.  Sen embargo, nese intre, outro particular contactaba co 112 e indicaba que eran dúas as persoas que estaba arrastrando a corrente.

Decontado, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de GardaCostas de Galicia, ademais, contactaron co servizo de socorrismo da praia e informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Policía Nacional e Local.

Malia os intentos realizados polos sanitarios e a que os servizos de emerxencia se desprazaron axiña ao punto, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Comentar noticia

Your email address will not be published.