Un ciclista perdeu a vida esta tarde despois de colidir cun turismo na AC-862, ao paso polo concello coruñés de San Sadurniño.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro produciuse cando estaban a piques de dar as tres desta tarde na estrada en dirección a Ortigueira. Alí desprazouse unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias que nada puido facer por salvarlle a vida ao ciclista. Ademais, acudiu unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e o persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía tras o accidente.
Noticias de última hora en Vigo