Unha persoa faleceu calcinada no interior do seu turismo tras incendiarse na localidade ourensá de Muíños.
Ao fío das 20:30 horas deste domingo, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia dun coche ardendo en Albite, en Prado de Limia.
Decontado, dende o CIAE pasouse aviso aos membros do GES e de Protección Civil de Muíños. Tamén foron alertados os axentes da Garda Civil e os servizos sanitarios.
Nada mais chegar ao punto indicado, os servizos de emerxencias confirmaron a existencia dunha persoa calcinada no interior do turismo. O coche ardeu na súa totalidade.
Excarcerada unha persoa despois de envorcar co seu vehículo en San Sadurniño
Os Bombeiros do Eume excarceraron esta mañá a unha persoa do interior do vehículo que conducía ao seu paso pola localidade coruñesa de San Sadurniño.
O accidente ocorreu sobre as 07:15 horas desta mañá, á altura da saída 17 da Autovía de Ferrol- As Pontes. Foi un particular quen, a esa hora, alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado na AG-64, dirección Ferrol. Indicaba que non vira saír ao condutor do interior do turismo, polo que pensaba que podía estar atrapado.
Así, alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros do Eume que decontado se desprazaron ao punto indicado. Do mesmo xeito, dende o CIAE requiriuse a intervención dos axentes de Tráfico.
Tras chegar ao punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración dunha persoa e única ocupante do vehículo e o traslado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
Accidente tractor
Por outra banda, a escasos minutos das 21:00 horas, o 112 Galicia era informado dun accidente de tractor no concello lucense de Cervantes, concretamente no lugar de Vilaspasantes.
Os feitos ocorrían nun domicilio particular e foi a dona do condutor da máquina agrícola quen alertou ao 112 Galicia. Indicaba que sentía ao seu home pedir axuda. De inmediato, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose en alerta ao persoal sanitario do 061, GES de Becerreá e Bombeiros de Sarria. Tamén, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil da localidade, que confirmaron que ao envorcar, o vehículo atropelou ao ferido. Aínda así, non foi preciso o emprego do material de excarceración.
O home foi trasladado en ambulancia polo persoal sanitario.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.