Un home perdeu a vida esta tarde nun accidente cun tractor no Faramello, en Teo, ao quedar atrapado entre o vehículo e unha parede. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, para liberalo, os servizos de emerxencia desprazados tiveron que empregar o material de excarceración.
Sucedeu preto das 14:45 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta dos feitos.
Nada máis ter coñecemento, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santiago e de Ordes, aos efectivos do GES de Padrón e da Estrada, aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Teo e da Estrada e aos axentes da Policía Local e da Garda Civil.
Xa no lugar do accidente e a pesar dos esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.
Noticias de última hora en Vigo