Falece un home de nacionalidade irlandesa que foi rescatado da auga na Praia do Mar de Fóra, en Fisterra

Publicado por o día 27/09/2019 na sección de Sucesos

Falece un home de nacionalidade irlandesa que foi rescatado da auga na Praia do Mar de Fóra, en Fisterra

Un home de nacionalidade irlandesa faleceu na tardiña de onte cando se bañaba na Praia de Mar de Fóra, en Fisterra.

As persoas que o acompañaban sacarono da auga e trataron de reanimalo sen éxito. Con todo, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos rescatadores de Salvamento Marítimo, que enviaron á zona o Helimer e a embarcación auxiliar Don Inda para prestar a súa colaboración, sobre todo, no traslado do corpo, pois a vítima xa estaba fóra da auga.

Igualmente, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puideron confirmar o falecemento do home, malia as manobras de reanimación que xa iniciaran as persoas que o acompañaban. No lugar tamén se atopaban os axentes da Policía Local e os voluntarios de Protección Civil da localidade, que acudiron tras o aviso do 112 Galicia.

Cómpre indicar que foron os acompañantes do falecido quen ás 21:00 horas de onte chamaban ao número único de emerxencias para pedir axuda para un mozo que se adentrara no mar e perderan de vista. Finalmente, foron quen de sacalo da auga e comezaron cos labores de reanimación con resultado negativo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.