Falece un home en Láncara despois de colidir un camión e unha furgoneta

Por o 18/09/2018 | Sección: Sucesos
Falece un home en Láncara despois de colidir un camión e unha furgoneta

O condutor dunha furgoneta faleceu esta madrugada en Láncara (Lugo) despois de colidir o vehículo que conducía contra un camión.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Sarria, nada mais ser alertados polo 112 Galicia, que confirmaron a excarceración da vítima do interior do vehículo tras envorcar contra un balado e chocar contra o camión.

O accidente ocorreu pasadas as 04:30 horas desta madrugada. Foi a esa hora cando o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibía  a chamada dun particular que informaba dun choque entre un camión do leite e unha furgoneta. Tamén, o CIAE recibía o aviso do persoal do 061. Alertaban dun accidente no lugar de Armea de Abaixo, no punto quilométrico 5.5 da LU-622, cunha persoa inconsciente e atrapada no interior do vehículo. O mesmo condutor do camión –implicado- indicaba aos xestores de emerxencias que a furgoneta saltárase un stop e chocara contra o camión. Aseguraba que os vehículos non entorpecían a circulación.

Así, decontado, informouse da situación aos Bombeiros de Sarria que axiña se desprazaron ao punto. Do mesmo xeito dende o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.