Falece un home nunha leira en Vilasantar ao caerlle unha árbore enriba

Por o 15/01/2019 | Sección: Sucesos
Falece un home nunha leira en Vilasantar ao caerlle unha árbore enriba
Compartir en:

Un home perdeu a vida a pasada tarde no termo coruñés de Vilasantar ao quedar atrapado debaixo dunha árbore nunha leira da súa propiedade.

Sucedeu no lugar de Raído, ao fío das 19:00 horas. Nese momento, os servizos sanitarios de urxencia alertaron ao 112 Galicia do ocorrido. Nada máis recibir o aviso, os xestores do CIAE-112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Arzúa, da Garda Civil e do GES de Curtis.

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos de emerxencia liberaron á persoa e, a pesar dos esforzos dos profesionais sanitarios por salvarlle a vida, tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Comentar noticia

Your email address will not be published.