Un veciño de Valga faleceu despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba no lugar de Balleas.
Pasadas as 13:15 horas desta tarde, os servizos sanitarios puxéronse en contacto co 112 Galicia para informar dunha persoa atrapada ao envorcar o tractor que manexaba. Decontado, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vilagarcía e dos axentes da Policía Local de Valga e tamén pediu a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos membros do GES da localidade.
Con todo, malia aos esforzos, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do condutor.
Atrapado por un motocultor
Ademais, unha persoa resultou ferida nunha perna ao quedar atrapada a súa perna debaixo dun motocultor, en Ponteareas. Concretamente, o accidente produciuse na entrada de Augalevada ás 18 horas de hoxe. Foi nese intre cando os xestores de emerxencias informaron ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Ponteareas e a Garda Civil. Do mesmo xeito, pasouse aviso a os axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.