Falece un home tras envorcar o tractor que manexaba en Cambados

Publicado por o día 22/07/2020 na sección de Sucesos

Falece un home tras envorcar o tractor que manexaba en Cambados

Un home perdeu a vida na tarde de onte despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba na parroquia de Castrelo, no termo municipal pontevedrés de Cambados.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso mediante a chamada de alerta dun veciño ao fío das 20:30 horas. A partir de aí, activouse un operativo no que participaron os profesionais sanitarios de urxencia e os Bombeiros do Salnés, que ademais contaron coa colaboración dos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencia só puideron confirmar o falecemento do varón.

Dese xeito, os equipos de intervención procederon a erguer o vehículo agrícola para liberar á vítima que quedara atrapada baixo o tractor.

Comentar noticia

Your email address will not be published.