Falece un home tras producirse un incendio na súa casa en Bueu

Por o 12/04/2019 | Sección: Bueu,Galicia,Sucesos
Falece un home tras producirse un incendio na súa casa en Bueu

Un home faleceu despois de incendiarse a súa vivenda situada en Montemogos, na parroquia de Beluso, no concello pontevedrés de Bueu.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso, pasados uns minutos das 06:30 horas desta mañá. Foi a esa hora, cando a Policía Local comunicou  aos xestores de emerxencias a alerta dun incendio nunha casa unifamiliar.

Tras chegar ao lugar, os axentes aseguraron que se trataba dunha vivenda na que reside un home, aínda que, neses momentos descoñecían si se atopaba no interior da casa.

Con todo, desde o 112 Galicia alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros do Morrazo, Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.

Unha vez no punto, os Bombeiros ademais de indicar que había un home falecido, confirmaron a extinción das lapas na súa totalidade. Ardeu o salón por completo e o corredor da vivenda.

Comentar noticia

Your email address will not be published.