Un motorista perdeu a vida esta tarde como consecuencia dunha colisión no Lugar de Orto de Arriba, no concello coruñés de Abegondo.
Segundo a información recibida no 112 Galicia, o sinistro produciuse na AC-221 ás 12 horas de hoxe, cando bateron un coche e a moto na que viaxaba a vítima. Ao lugar acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico, voluntarios de Protección Civil e os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, pero nada puideron facer por salvar a vida do motorista.
Accidente en Arteixo
Non foi o único accidente rexistrado na área da Coruña. Os Bombeiros de Arteixo liberaron esta mañá a unha muller atrapada nun turismo a causa dunha colisión con outro vehículo.
Sucedeu ás 10:00 horas na Avenida de Arteixo, onde dous coches colidiron e por mor do impacto unha das conductoras quedou atrapada no interior do seu vehículo. Por iso, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos bombeiros con base na localidade para rescatar á muller e facilitar a atención da ferida.
Finalmente, foi evacuada nunha ambulancia do 061-Urxencias Médicas en canto quedou liberada, mentres que o outro condutor tiña dores da espalda e foi trasladado por familiares.
Ademais dos bombeiros, desde o 112 Galicia tamén pediuse a colaboración dos membros do servizo local de Protección Civil e dos axentes de seguridade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.