Un accidente laboral saldouse esta tarde cun home falecido no concello pontevedrés do Porriño.
Todo ocorreu nunha nave situada na PO-510, en Atios, nunha empresa dedicada ao transporte e para a cal traballaba o operario.
Foi un compañeiro da vítima quen, dez minutos antes das catro horas desta tarde, chamou ao 112 para pedir axuda. No seu relato, moi nervioso, solicitaba asistencia para o compañeiro que acababa de levar un golpe moi forte.
Con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, aínda que decontado se desprazaron ata o lugar, só puideron confirmar o falecemento do traballador.
Así mesmo, foron informados do suceso os axentes da Garda Civil, da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.
Noticias de última hora en Vigo