Falece un operario en Pontevedra esmagado por un tractor pala mentres realizaba tarefas de limpeza

Por o 08/05/2018 | Sección: Sorteos
Falece un operario en Pontevedra esmagado por un tractor pala mentres realizaba tarefas de limpeza
Compartir en:

Un operario faleceu a pasada tarde en Pontevedra mentres realizaba tarefas de limpeza cun tractor pala na rúa Ángel Limeses, á altura do número 10. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o traballador morreu ao envorcar o vehículo e pasarlle por encima do seu corpo.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da alerta dunha persoa particular e do persoal do 061-Urxencias Sanitarias ao fío das 18:30 horas.

Acto seguido, dende o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Policía Nacional e a Protección Civil.

Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao operario.