Falece un operario tras caerse dunha escaleira na rúa Real de Vigo

Publicado por o día 23/03/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Falece un operario tras caerse dunha escaleira na rúa Real de Vigo

Esta mesma mañá recibiuse chamada na Sala de Comunicacións do 092 da Policía local de Vigo desde a rúa Real, ás 09:02 horas

O aviso obedecía a un accidente laboral, no que había resultado ferido un obreiro. Desprazándose varias patrullas ao lugar.

Onde unha persoa que lles manifestou que o seu traballador, caeuse da escaleira desde a que estaba a realizar labores, coma se déselle algo.

Os Axentes acudiron a atender ao operario, observando que estaba tombado en posición lateral de seguridade, saliendole un fío de sangue pola boca, e moi amoratado.

Comprobando que non respiraba, presentando un cadro de parada Cardio-Respiratoria, polo que de inmediato comezaron a realizar unha RCP básica.

Solicitando o apoio dunha ambulancia medicalizada, que compareceu no lugar poucos minutos despois.

Sendo substituídos polos técnicos sanitarios que continuaron tratando de reanimar a persoa, pero o único que puido facer o médico, foi certificar o falecemento.

O falecido resultou ser; M. R. D. S, de Padrenda e 56 anos de idade, atopándose no lugar o seu xefe; J. L. G. S, de Porriño e 64 anos de idade.

Manifestou que estaban a traballar, e o o seu operario estaba a subir á escaleira, cando observou que se parou bruscamente, e esborrallouse sen causa aparente.

De inmediato trato de movelo para que lle respondese, ao ver que non respondía a estímulos, púxoo en postura lateral de seguridade e procedeu a chamar á ambulancia, e posteriormente a esta Policía Local.

Comentar noticia

Your email address will not be published.