Falece un operario tras sufrir un accidente cando reparaba un barco en Vigo

Publicado por o día 08/06/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un home faleceu este mediodía cando facía traballos de reparación nun barco, no peirao da Armadora Pereira, en Vigo.

Ás 14:00 horas, os servizos sanitarios solicitaban axuda ao 112 Galicia para evacuar a un traballador ao que lle caera enriba unha porta, no barco que reparaba.

Ata o lugar desprazáronse nada mais ser alertados polo 112, os Bombeiros de Balaídos e os axentes da Policía Nacional e Local, así como o mesmo persoal da Autoridade Portuaria. Tamén, foron informados os efectivos de Protección Civil.

Unha vez no punto, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.