Un peón faleceu esta mañá despois de ser atropelado por un turismo.
Sobre as 10:15 horas, un particular pedía axuda ao 112 Galicia. Indicaba que acababa de atropelar a un peón na Rúa Vázquez Díaz Tanco, á altura da Universidade Laboral.
Decontado, os xestores de emerxencias puxeron en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias e á Policía Local, que nada mais chegar ao punto, só puideron confirmar o falecemento da persoa.
Os Bombeiros da cidade e os efectivos de Protección Civil tamén foron informados polo 112 Galicia.
Noticias de última hora en Vigo