Falece un pescador despois de caer ao mar en Ferrol

Publicado por o día 23/06/2020 na sección de Ferrol,Galicia,Sucesos

Falece un pescador despois de caer ao mar en Ferrol

Un pescador perdeu a vida esta tarde en Ferrol despois de caer ao mar preto do Porto Exterior.

Os feitos sucederon ás 16:00 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido.

Nada máis recibir a alerta, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo, que coordinou o operativo de rescate no que tamén participaron o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e a Policía Nacional e Local.

Unha vez recuperado o cadáver por medio dunha embarcación de Salvamento Marítimo, o corpo sen vida do pescador foi trasladado ao molle de Coruxeiras.

Comentar noticia

Your email address will not be published.