Falece un traballador tras precipitarse dun andamio en Coristanco

Por o 28/01/2019 | Sección: Sucesos
Falece un traballador tras precipitarse dun andamio en Coristanco

Un operario perdeu a vida tras caer dun andamio mentres realizaba o seu traballo na parroquia de Santa Baia de Castro, no concello coruñés de Coristanco. Segundo se lle indicou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, a vítima precipitouse ao chan dende unha altura duns dous metros.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos poucos minutos antes das 15:00 horas da tarde de hoxe. Ata o punto desprazáronse, ademais dos servizos sanitarios de urxencias, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da localidade. O CIAE 112 Galicia tamén informou do accidente á Policía Local.

A pesar dos esforzos para intentar reanimar o home, os técnicos sanitarios só puideron confirmar seu falecemento.

Trasladado operario

Tamén na tarde de hoxe, ao redor das 15:30 horas, un operario foi  trasladado ao Hospital do Carmen, en Ourense, ao resultar ferido tras sufrir un accidente mentres facía o mantemento dun ascensor na Rúa da Canle.

Segundo a información recibida polo CIAE 112 Galicia, nun principio o rapaz encontrábase atrapado pola man pero, puido liberarse polos seus propios medios antes de que chegasen os servizos de emerxencias.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos profesionais sanitarios, así como dos Bombeiros de Ourense, da Policía Nacional e Local, ademais dos voluntarios de Protección Civil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.