Falece unha anciá tras ser atropelada na rúa Pizarro

A cinco elévase xa a conta de peóns atropelados neste mes de agosto.
Publicado por o día 20/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Falece unha anciá tras ser atropelada na rúa Pizarro

A cinco elévase xa a conta de peóns atropelados neste mes de agosto.

No día de onte rexistráronse dous casos en concreto, o segundo ás 21:35 horas na zona de Teis. Neste caso o peón resultou ferido leve, despois de ser atropelado por unha motocicleta, saíndo ileso do contratempo o condutor da mesma.

Menor sorte tivo a vítima do atropelo que se produciu pola mañá na rúa Pizarro. Ás 11:38 horas recibiuse un chamada no 092 da Policía Local de Vigo, sobre a cuestión arriba exposta.

Ao lugar trasladouse en emerxencia unha patrulla da Unidade de Atestados, atopándose a E. I. F, natural de Valladoliz de 82 anos de idade, con feridas graves tras ser atropelada por un ciclomotor cuxo condutor resultou ser V. M. F, de 20 anos de idade, ambos os tendidos na calzada.

A aparatosidade do accidente obrigou ao corte de tráfico en ambos os sentidos, para facilitar o acceso/saída dos vehículos de emerxencia desprazados ao momento, que procederon á inmediata evacuación de ambas as persoas implicadas no contratempo, mentres a Unidade de Atestados procedía á elaboración da correspondente reportaxe fotográfica e toma de declaración ás testemuñas.

O condutor foi dado de alta con feridas de carácter leve, a anciá quedou ingresada falecendo no Centro Médico.

O gabinete de atestados de la Policía Local de Vigo está a realizar as indagacións necesarias para o esclarecemento das causas deste fatídico accidente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.