Falece unha muller ao ser atropelada no Carballiño

Publicado por o día 28/12/2017 na sección de Galicia,Sucesos

Falece unha muller ao ser atropelada no Carballiño

Unha muller de avanzada idade faleceu a pasada tarde ao ser arroiada por un turismo no Carballiño. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima mortal baixaba  dun autobús co seu home cando foi atropelada.

Os feitos producíronse na estrada que une Leiro e O Carballiño, no lugar de Lodeiro, ao fío das 19:50 horas. Nese momento un particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

A partir de aí, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Avión, aos Bombeiros do Carballiño e a Protección Civil.