Falece unha muller de 92 anos con múltiple patoloxía ingresada en Povisa e que dera positivo importado na proba do coronavirus

Publicado por o día 14/03/2020 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

A Consellería de Sanidade vén de confirmar esta mañá o falecemento dunha muller de 92 anos, con múltiple patoloxía, que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo, e que dera positivo na proba de coronavirus. Padecía múltiples patoloxías previas e trátase dun caso importado.

Ademais, tamén foi hospitalizada en Vigo a primeira muller embarazada con esta enfermidade. Atópase ingresada no Álvaro Cunqueiro.