Unha muller faleceu esta mañá a causa do estoupido dunha olla a presión na súa vivenda.
Foi un familiar da vítima quen, pasados dez minutos das 12:00 horas deste mediodía alertou ao 112 Galicia. Indicaba que recibira a chamada do seu cuñado informándolle do estoupido dunha bombona na vivenda e que era precisa asistencia sanitaria de maneira urxente. Tamén, o marido da vítima, comunicou ao 112 Galicia que a súa esposa estaba sola no interior da vivenda cando ocorreron os feitos.
Con estes datos, o 112 puxo decontado en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Arzúa. Tamén, solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil, Policía Local e dos efectivos de Protección Civil.
Debido á gravidade da situación, persoal sanitario comunicaba ao 112 que o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela tamén se desprazaba ata o lugar, aínda que, finalmente, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o pasamento da muller.
Os Bombeiros –no punto- confirmaron que se tratou dunha olla a presión que estaba ao lume, que ao estoupar, golpeou á muller causándolle o pasamento. Ademais, o inmoble sufriu pequenos danos no falso teito.
Noticias de última hora en Vigo