Falece unha muller nun accidente de tráfico rexistrado na estrada de Razo, en Carballo

Publicado por o día 06/09/2018 na sección de Sucesos

Falece unha muller nun accidente de tráfico rexistrado na estrada de Razo, en Carballo

Unha muller duns 50 anos perdeu a vida esta mañá despois de colidir o seu turismo contra outro cando circulaban pola estrada de Razo a Arnados, no concello coruñés de Carballo.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a vítima viaxaba soa nun dos vehículos implicados, mentres que no outro turismo ían dúas persoas que resultaron ilesas.

O impacto produciuse ao fío das once desta mañá pouco antes da Panadería de Razo, a onde se dirixiron os Bombeiros de Carballo, voluntarios de Protección Civil e axentes da Garda Civil de Tráfico tras a alerta do 112 Galicia. Pola súa banda, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias xa tiñan mobilizados os recursos de atención, pero nada puideron facer por salvar a vida da condutora.