Falece unha muller nunha saída de vía en Ferrol

Publicado por o día 06/10/2018 na sección de Sucesos

Falece unha muller nunha saída de vía en Ferrol

Unha muller faleceu a pasada noite en Ferrol ao saírse da vía o coche no que viaxaba e bater contra un farol. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, no turismo tamén circulaba un home que resultou ferido.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, tanto a muller falecida como o home ferido no accidente tiveron que ser excarcerados polos Bombeiros de Ferrol.

Os feitos tiveron lugar na estrada de Catabois, ao fío das 3:30 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro.

Acto seguido, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Ferrol, da Policía Local e de Protección Civil.

Unha vez no lugar do accidente, os efectivos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da muller. Por outra banda, o home ferido no sinistro foi trasladado ao Hospital Arquitecto Marcide.