Falece unha muller tras ser alcanzada por un vehículo en Marín

Publicado por o día 18/06/2020 na sección de Galicia,Marín,Sucesos

Falece unha muller tras ser alcanzada por un vehículo en Marín

Unha muller faleceu esta mañá despois de ser alcanzada por un vehículo na Rúa Concepción Arenal, en Marín.

Pasados uns minutos das 11 horas de hoxe, o 112 Galicia recibiu varias chamadas de veciños que aseguraban ter visto como un vehículo atropelaba a unha muller á altura do número 108 da vía.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvarlle a vida á muller.

Tamén se pasou aviso aos axentes da Policía Local co fin de coñecer todos os detalles deste suceso.

Ferida a pasaxeira dun bus urbano en Santiago
Pouco tempo despois do lamentable suceso de Marín, o 112 Galicia rexistrou outro accidente de tráfico, no que se viron implicados un bus urbano e un turismo preto da Porta do Camiño. Como consecuencia do impacto, unha das pasaxeiras do autobús recibiu un golpe no nariz, polo que necesitou asistencia sanitaria.

Así, acudiu ao lugar un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Policía Local.

Comentar noticia

Your email address will not be published.