Falece unha muller tras ser rescatada da auga na praia de Sada

Publicado por o día 18/07/2020 na sección de Sucesos

Falece unha muller tras ser rescatada da auga na praia de Sada

Unha muller perdeu a vida esta tarde despois de ser rescatada da auga no concello coruñés de Sada.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso pasados uns minutos das 15:15 horas de hoxe a través da chamaba de alerta dun particular. Indicaba que unha persoa foi rescatada da auga e precisaba asistencia médica urxente.

Deseguido, o persoal do 112 Galicia solicitou a colaboración dos profesionais sanitarios e dos axentes da Garda Civil e Policía Local. Ademais, informaban do suceso ao Servizo de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia.

Malia os esforzos do equipo sanitario alí desprazado, só se puido confirmar o falecemento da muller.

Comentar noticia

Your email address will not be published.