Unha muller morreu esta noite tras un choque entre dous turimos na N-550, ao paso polo concello pontevedrés de Valga.
No accidente tamén resultou ferido o condutor do outro coche implicado, aínda que as súas lesións eran de carácter leve.
O 112 Galicia recibiu a alerta ás 23 horas de onte mediante a través das chamadas de varios particulares que pedían asistencia médica urxente para unha muller, atrapada, ademais, no interior do seu vehículo. Deste xeito, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Vilagarcía, membros do GES de Valga e profesionais sanitarios, que, en calquera caso, nada puideron facer por salvar a vida da condutora.
Apenas uns minutos despois de activar o operativo, o 112 Galicia recibía a confirmación do falecemento da muller e o traslado, en estado leve, do ocupante do outro vehículo implicado.
Convén indicar que os servizos de emerxencias contaron, tamén, coa colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Noticias de última hora en Vigo