Falece unha persoa ao ser atropelada por unha escavadora en Vilariño de Conso

Por o 16/05/2019 | Sección: Sucesos
Falece unha persoa ao ser atropelada por unha escavadora en Vilariño de Conso
Compartir en:

Unha persoa perdeu a vida esta tarde en Vilariño de Conso despois de ser atropelada por unha escavadora. Os feitos sucederon ao fío das 18:00 horas na estrada que une Castiñeira e Vilariño.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para dar conta do ocorrido e, nada máis ter constancia, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, do GES da Gudiña e de Protección Civil de Vilariño de Conso.

Unha vez no lugar do suceso, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa atropelada.

Comentar noticia

Your email address will not be published.