Falece unha persoa atropelada por un turismo en Fene

Publicado por o día 02/10/2018 na sección de Sucesos

Falece unha persoa atropelada por un turismo en Fene

Unha persoa faleceu onte despois de ser atropelada por un turismo no concello coruñés de Fene.

Ao fío das 19:00 horas, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia dun atropelo a unha persoa na Avenida das Pías, á altura do número 19, no termo municipal de Fene. Decontado, os xestores do 112 pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e á  Policía Local. Tamén, informaron aos Bombeiros de Ferrol e aos membros do GES de Mugardos e de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os servizos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento da persoa.