Falece unha persoa en Moaña á que os socorristas sacaron da auga en estado inconsciente

Publicado por o día 26/07/2020 na sección de Galicia,Moaña,Sucesos

Falece unha persoa en Moaña á que os socorristas sacaron da auga en estado inconsciente

Os socorristas de Moaña sacaron da auga a unha persoa en estado inconsciente. Pouco tempo despois, os servizos sanitarios de urxencia confirmaron o seu falecemento.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso ocorreu pasados uns minutos das seis da tarde de hoxe na Praia da Xunqueria. Foi o persoal de vixilancia do areal quen se puxo en contacto co 112 Galicia para pedir asistencia urxente para unha persoa á que sacaran da auga en estado inconsciente.

Seguidamente, avisouse ao profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron á zona unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Sen embargo, nada puideron facer por salvar a vida desta persoa.

De momento, descoñécese as circunstancias que rodearon a morte do bañista. Con todo, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil e da Polícia Local.

Comentar noticia

Your email address will not be published.