Falece unha persoa nunha colisión entre un turismo e unha furgoneta na Baña

Publicado por o día 03/12/2018 na sección de Sucesos

Falece unha persoa nunha colisión entre un turismo e unha furgoneta na Baña

Unha persoa que circulaba nun coche perdeu a vida esta tarde na Baña ao colidir contra unha furgoneta. Os feitos sucederon ao fío das 18:10 horas, no lugar de Seoane.

Nese momento, varios particulares contactaban co 112 Galicia para dar conta do sinistro. Indicaban na súa chamada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia que unha das persoas accidentadas se atopaba inconsciente.

Acto seguido, o persoal do CIAE-112 puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Santa Comba.

Unha vez no lugar do accidente, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa que viaxaba no turismo.