Falece unha persoa tras ser atropelada en Crecente

Por o 09/09/2018 | Sección: Eventos
Falece unha persoa tras ser atropelada en Crecente
Compartir en:

Unha persoa faleceu a pasada noite en Crecente ao ser atropelada por un turismo. Os feitos ocorreron na estrada xeral que vai en dirección A Cañiza, ao fío das 00:40 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido.

Acto seguido, dende o 112 Galicia se pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Ponteareas.

Unha vez no punto, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa atropelada.