Falece unha persoa tras ser atropelada en Teo

Por o 06/11/2018 | Sección: Sucesos
Falece unha persoa tras ser atropelada en Teo
Compartir en:

Unha persoa perdeu a vida esta tarde en Teo ao ser atropelada nas proximidades da Igrexa do Vilar de Calo. Sucedeu uns minutos despois das 17:30 horas, momento en que o 061-Urxencias Sanitarias contactaba co 112 Galicia para alertar do atropelo.

Acto seguido, o persoal do 112 Galicia pasaba o aviso á Policía Local, a Protección Civil e ao GES da Estrada.

Xa no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.