Falecemento de dúas persoas esta tarde pasada no concello de Nigrán

O Goberno galego condena os ataques contra os montes galegos que está sufrindo hoxe a nosa comunidade
Publicado por o día 16/10/2017 na sección de Galicia,Nigrán,Sucesos,Xunta de Galicia

Falecemento de dúas persoas esta tarde pasada no concello de Nigrán

A Xunta de Galicia lamenta o falecemento esta tarde de dúas persoas no concello de Nigrán, e traslada o pésame e condolencias aos seus familiares.

O Goberno galego condena enerxicamente os ataques contra os montes galegos que está sufrindo hoxe a nosa comunidade e reitera que seguirá loitando para rematar con esta lacra, que no día de hoxe acabou con dúas vidas. Ademais, fai un chamamento á colaboración cidadá para atopar aos incendiarios, xa que calquera indicio pode axudar ás investigación policiais.

A Xunta nesta vaga de incendios puxo en marcha todos os medios disponibles para acadar entre todos a máis rápida extinción dos lumes, cunhas condicións meteorolóxicas totalmente adversas, cunha actividade incendiaria homicida e cun vento cada vez máis intenso.

O Goberno galego fai un chamamento para que as persoas que estean sendo afectadas por estos lumes teñan sempre en conta os avisos do persoal que está a cargo dos labores de extinción e agradece o labor de todos os efectivos que están traballando para extinguir todos os lumes.