Falecen 14 persoas pola COVID nas últimas 24h en Galicia e rexistra un total de 18.992 casos activos

A día de hoxe hai 17.926 pacientes en seguimento nos seus domicilios
Publicado por o día 24/01/2021 na sección de Galicia,Coronavirus,Salud,Sanidad

Falecen 14 persoas pola COVID nas últimas 24h en Galicia e rexistra un total de 18.992 casos activos

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.992, deles 5.057 son da área da Coruña, 1.666 da de Lugo, 2.691 da de Ourense, 1.650 da de Pontevedra, 3.460 da área de Vigo, 2.924 da de Santiago, e 1.544 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 150 están en UCI, 916 en unidades de hospitalización e 17.926 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 66.188 persoas curadas, rexistrándose 1.622 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.321.879.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

TOTAL GALICIA
DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS
18.992
              547 usuarios
              256 profesionais
FALECEMENTOS
1.622
              278 en residencias
              362 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

As persoas falecidas nestas últimas 24h

Falecen 14 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus.

Home de 77 anos, no CHUAC.
Home de 83 anos, no CHUAC.
Muller de 86 anos, no CHUAC.
Home de 79 anos, no CHUAC.
Home 67 anos, no CHUAC.
Muller de 56 anos, falece na residencia Pai Menni de Betanzos.
Muller de 87 anos, falece na residencia DomusVi de Carballo.
Muller 86 anos, falece na residencia DomusVi de Vimianzo.

Home de 67 anos, no CHUO.
Home de 86 anos, no Hospital de Verín (procedente do Asilo Hogar Santa María).

Home de 55 anos, no CHOP.
Home de 81 anos, no CHOP.
Home de 87 anos, no CHOP.

Home de 68 anos, no CHUVI.

Todos eles presentaban patoloxías previas.