Falecen 28 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus en Galicia

Falecen 28 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Estes falecementos non se produciron todos hoxe, senón que hai algúns de días anteriores, pero foron validados hoxe por Saúde Pública, logo de confirmarse que faleceran por covid-19.

Día 22 de xaneiro:
Home de 100 anos. Falece na residencia Paz e Ben de Tui.

Día 28 de xaneiro:
Home de 85 anos. Falece na residencia Nosa Sra. do Carmen de Sarria.

Día 1 de febreiro:
Home de 83 anos, no HULA.
Muller de 85 anos, no CHUO (procedente da residencia DOMUSVI de Bande).
Home de 82 anos, no CHUAC.
Muller de 85 anos, no CHUVI.
Muller de 87 anos, no CEGADI (procedente da residencia DOMUSVI de Ribeira).
Home de 75 anos, no CHUAC.
Home de 75 anos, no CHUO.
Muller de 88 anos, no CHUS.
Home de 83 anos, no CHUAC.
Home de 92 anos, no Clínica Santa Teresa de Ourense.
Home de 74 anos, no CHOP.
Home de 89 anos, no CHUF.
Home de 86 anos, no hospital do Salnés.
Home de 78 anos, no CHUAC.
Home de 90 anos, no CHUO.
Muller de 91 anos, no hospital de Verín.
Muller de 64 anos, no CHUAC.
Home de 81 anos, no CHUAC.

Día 2 de febreiro:
Home de 85 anos, no CHUVI.
Muller de 87 anos. Falece na residencia DOMUSVI de Carballo.
Muller de 84 anos, no CHUS.
Home de 81 anos, no CHUF.
Home de 79 anos, no CHUS.
Home de 88 anos, no hospital de Verín (procedente da residencia Santa María de Verín).
Muller de 75 anos, no CHUAC (procedente da residencia Pai Menni de Betanzos).
Muller de 78 anos. Falece na residencia DOMUSVI de Carballo.

Todos eles tiñan patoloxias previas.

Baixa a cifra de persoas ingresadas en planta (-24), pero sobe a das UCI (+11)

O mes de febreiro comeza con malas cifras, tras un xaneiro con récord de contaxios, casos e hospitalizacións. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 22.522 persoas infectadas de covid-19 en Galicia (+102), logo de detectárense 1.001 novas infeccións, das cales 791 foron a través dunha PCR.

Por áreas sanitarias

• A Coruña: 5.883 (-51)

• Vigo: 3.861 (+63)

• Santiago: 3.442 (+24)

• Ourense: 2.874 (-9)

• Pontevedra: 2.503 (+34)

• Lugo: 2.135 (+5)

• Ferrol: 1.824 (+36)

Baixan os ingresados en planta, soben nas UCI

O número de persoas ingresadas mantense elevado, malia que o balance desta xornada é de 13 persoas menos ingresadas. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 1.439 persoas hospitalizadas: 1.186 en planta (-24) e 253 nas UCI (+11). Se botamos a vista atrás, achamos que hai un mes había 297 en planta e 57 nas UCI.

Esta presión hospitalaria está obrigando a adoptar medidas para combatela, como a ampliación de espazo de pacientes con covid-19 no CHUS ou o traslado de pacientes a outros centros con menor saturación.

A cifra de falecidos segue en aumento tamén. Onte o Sergas notificou 40 mortes dende o venres, o que deixa 1.815 vítimas da covid-19 no país. En xaneiro finaron 397 persoas.

A positividade, no 7 %

Os cribados masivos manteñen a positividade máis baixa ca as últimas semanas. Das 11.080 probas PCR realizadas (-1.768), deron positivo 791 persoas, o que deixa unha positividade destas probas do 7,14 %.

O Sergas vai ampliar os cribados na área de Vigo a máis de 32.000 persoas pola baixa participación.

 

 

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario