A familia de Travesía de Vigo ten 10 días para atopar un novo fogar

Publicado por o día 16/06/2017 na sección de Galicia,Protestas,Vigo

A familia de Travesía de Vigo ten 10 días para atopar un novo fogar

O xulgado de primeira instancia número 14 de Vigo paralizou o desaloxo da familia a cal este diario deu alerta no día de onte, os colectivos da cidade apoiaron esta mañá á FAVEC para evitar o desafiuzamento da familia, a presenza dos tres menores na vivenda foi determinante para aprazar a saída.

A Federación Veciñal ha mediado co xulgado e cos propietarios para conseguir a moratoria, a paralización é de 10 días os cales ven insuficiente pola complexidade do caso. Deben 2.400 euros e ata hai uns días ningún dos dous proxenitores tiña traballo. Na xornada desta mañá contou tamén coa solidariedade dos edís do PP e Marea de Vigo.