FAO elixe o Porto de Vigo para a organizacion da primeira xornada internacional de portos de pesca azul

20 expertos de Portos, entidades nacionais e rexionais vinculadas ao mar participaron na elaboración da primeira guía de boas prácticas da FAO para a creación da rede de Portos pesqueiros azuis.
Publicado por o día 07/06/2019 na sección de Galicia,Mar,Vigo

FAO elixe o Porto de Vigo para a  organizacion da primeira xornada internacional de portos de pesca azul
A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) elixiu o Porto de Vigo pola súa traxectoria na implantación da Estratexia Blue Growth para a presentación da I Xornada de Portos de Pesca Azul- Global Stock- Taking and Best Practices.
 
Representantes dos distintos continentes e de todos os ámbitos xeográficos do Globo (América Latina, África, Asia, Oceanía e Europa) reúnense nas instalacións do Porto de Vigo co fin de analizar o concepto de Economía Azul e a súa aplicación como estratexia de desenvolvemento nos portos pesqueiros, respondendo o mandato realizado polo COFI de FAO do pasado xullo 2018. 20 expertos de Portos e entidades nacionais e rexionais vinculadas ao mar participaron na elaboración da primeira guía de boas prácticas da FAO para a creación da rede de Portos pesqueiros azuis.
 
FAO que lidera este proceso a nivel internacional no marco do seu compromiso cos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) a través de lograr a sustentabilidade dun sector pesqueiro que ten impacto obvio no desenvolvemento social e económico das áreas costeiras.
 
Ao longo destes tres días os participantes traballaron en diferentes aspectos da economía azul e da súa estratexia de implementación para lograr un crecemento azul, é dicir sustentable. Analizáronse os retos e as dificultades que afrontan os portos pesqueiros para impulsar procesos de desenvolvemento social e económico, pero sempre desde unha perspectiva ambiental.
 
Entre as conclusións obtidas cabe destacar a chamada á xeración de procesos de cooperación entre os distintos actores que conforman a economía azul e dos distintos sectores aproveitando as sinerxias entre eles. Para iso, as alianzas público – privadas son un instrumento adecuado que debe ser deseñado desde o establecemento de obxectivos de desenvolvemento sectoriais estratéxicos. Así mesmo, a única forma de demostrar que a estratexia de crecemento azul é unha realidade é mediante a medición de impacto sendo clave para a validación do deseño e implantación de metodoloxías de crecemento azul, tomando como
 
referencia o esforzo realizado desde o Porto de Vigo a través da súa ferramenta que pode ser visitada na web www.bluegrowthvigo.eu. Por último chámase a atención a que non existen verdades absolutas, nin metodoloxías únicas, se non que as realidades diferentes esixen solucións adaptadas en prol dun desenvolvemento sustentable.
 
Os próximos pasos acordados fundaméntanse no deseño dunha guía para o deseño e implementación de estratexia de crecemento azul como ferramenta de xestión nos portos pesqueiros. Iso conlevará á creación dunha rede internacional de portos azuis que se espera permita favorecer o desenvolvemento sustentable do sector da pesca mundial.
 
A Xornada é clausurada pola Conselleira do Mar, Rosa Quintana Carballo, xunto co Xefe de Unidade Blue Growth da Comisión Europea, Feliz Leinemann, o representante da FAO, Henry Debey e o Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga.
 
Este foro foi o primeiro gran paso para a creación da rede de Portos pesqueiros azuis mundiais, despois de ser aprobado polo Comité da FAO, co consenso de todos os países, de que o crecemento azul pode ser unha ferramenta importante para o desenvolvemento da economía das zonas costeiras locais