Fariña en Vigo

Publicado por o día 20/09/2019 na sección de Galicia,Eventos,Vigo

Fariña en Vigo

Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro Fariña, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio *Zearreta e Cristina Iglesias, ademais do propio Touriñán.

Fariña non permite ao espectador nin acomodarse na butaca. Nunha impoñente descarga suceden *conversacioneas entre mozos e veciños das vilas falando, comprando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea. O fenómeno xa está en marcha.

O elenco de actores entran e saen da escea meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena, os veciños máis novos probando a mercadoría ás agachadas…

O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade.

De súpeto, en escena, escóitase acento colombiano e marroquí. Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e bravuconadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro. E, de novo como sucedeu en realidade, aparece a traxedia. En forma de nais, xovenes afundidos e, por fin, operacións policiais.

Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que o espectador fai ao saír do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.

Datas

Sábado 16 de novembro de 2019 ás 20.30 horas.
Domingo 17 de novembro de 2019 ás 18.00 horas.

Lugar

Teatro A Fundación