FCC activa un servizo especial de limpeza con motivo da procesión do Cristo da Victoria

A empresa concesionaria do servizo de limpeza da cidade ten en marcha un dispositivo para acondicionar as rúas polas que discorre a procesión
Publicado por o día 04/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

FCC activa un servizo especial de limpeza con motivo da procesión do Cristo da Victoria

FCC ten en marcha un dispositivo especial de limpeza con motivo da procesión do Cristo da Victoria con obxectivo de acondicionar as rúas polas que discorre un dos hitos máis importantes e multitudinarios de Vigo durante o período estival. Este servizo púxose en marcha o pasado 15 de xullo.

En concreto, os medios humanos dispostos para a posta a punto das rúas consiste en 120 xornadas de condutor e 98 de peón en horario de mañá, tarde e noite e os medios materiais postos en marcha son 20 xornadas de fregadora mecánica, 35 xornadas de máquina decapadora, 35 xornadas de máquina de limpeza de pintadas, 65 xornadas de baldeadora de alta presión e 30 xornadas de motocarro.

Ademais, estanse a aplicar produtos de limpeza específicos tales como líquidos desengrasantes aplicados na resina das árbores de Montero Ríos e líquidos desodorizantes ao longo do percorrido que realiza a procesión.

A limpeza céntrase nas seguintes rúas: núcleo do Casco Histórico de Vigo (Pza. da Igrexa, Real, Gamboa, Triunfo, Palma, Oliva, Teófilo Llorente, Joaquín Yáñez, Fermín Penzol, Pza. da Ribeira do Berbés), Cánovas del Castillo, Carral, García Olloqui, Montero Ríos, Concepción Arenal, Colón, Policarpo Sanz, Porta do Sol.
Ademais, durante o día da procesión, haberá especificamente un equipo de limpeza antes e despois do paso da xente.

FCC Vigo

FCC é a empresa adxudicataria dos servizos de recollida de residuos, limpeza urbana e limpeza de praias da cidade de Vigo desde 1989. Nos últimos anos, Vigo converteuse na cidade galega con máis galardóns pola limpeza das súas rúas (5 Vasoiras de Platino consecutivas) e aparece en todos os rankings das cidades máis limpas de España.